займ срочно

Noia destinará máis de 449.000 euros a financiar obras, servizos e iniciativas culturais e deportivas

0

Noia, 12 de agosto do 2019 – A Corporación de Noia habilitou algo máis de 449.000 euros en tres modificacións de crédito para poder financiar diversas obras, servizos e iniciativas culturais e deportivas.

A decisión foi aprobada no transcurso dunha sesión extraordinaria na que xurou o seu cargo como nova concelleira Beatriz Paz Rosende, que sustitúe a Ángela Neri dentro do grupo municipal do PP.

Beatriz Paz

As tres modificacións de crédito son posibles grazas ao remanente de tesourería de que dispón o Concello. A primeira delas, aprobada co voto a favor do goberno (PP e NOIA), a abstención do PSdeG-PSOE e Marea Cidadá de Noia e o voto en contra do BNG, ascende a uns 257.500 euros. Utilizarase fundamentalmente para diversos gastos nos eidos cultural e deportivo, entre eles programacións de actividades ou tarefas de reparación e mantemento de instalacións.

A seguinte modificación de crédito abordada polo Pleno esta mañá tiña un importe de 144.000 euros, que se empregarán en diversas pavimentacións, no pagamento de subministracións necesarias para o funcionamento dos servizos do Concello, en reparacións de parques e xardíns ou en melloras na iluminación pública, entre outras intervencións. Obtivo o respaldo do goberno e a abstención das tres formacións que integran a oposición.

Finalmente, a terceira operación, tamén procedente de remanentes, aproxímase aos 48.000 euros e servirá para que o Concello efectúe as achegas que lle corresponden no Plan de Mellora de Camiños Municipais e no acondicionamento do sistema de viais do polígono industrial de Augalevada.

O rexedor explicou que a utilización deste mecanismo serve para axilizar o pagamento de facturas aos proveedores do Concello sen ter que agardar a recoñecementos posteriores. Non obstante, Santiago Freire aposta por que nos vindeiros anos o Concello poida perfeccionar a súa previsión de gastos, xerando menos remanentes e sen necesitar utilizalos a posteriori. O alcalde precisou que o Concello leva moitos anos arrastrando esta cuestión, que en todo caso é operativa e non responde a ningunha dificultade financeira.

Emenda retirada

No transcurso do debate da primeira das modificacións de crédito o grupo de Marea retirou unha emenda para reter 27.000 euros destinados á Cruz Vermella coa finalidade de apoiar gastos de persoal nesta organización e contribuír á posta en marcha dunha ambulancia para o servizo do municipio.

A retirada da proposta, acordada nunha pausa do pleno, debeuse a que o alcalde, Santiago Freire, explicou as xestións que o seu goberno está levando a cabo coa propia Cruz Vermella e con institucións como a Deputación da Coruña para acadar o servizo da ambulancia, complementaria á do 061, en sintonía cun acordo unánime da Corporación adoptado hai uns meses.

Freire lembrou tamén que aínda que se aceptase a emenda de hoxe non daría tempo suficiente para poder encargar a adquisición do vehículo, polo que a modificación dos 27.000 euros non tería ningunha eficacia. Ademais, a proposta do grupo da oposición non recollía de xeito expreso, específico e concreto se a achega para a Cruz Vermella sería puntual ou tería que reeditarse en sucesivos anos.

Os grupos da oposición valoraron o compromiso firme do executivo noiés para que unha futura modificación de crédito ou os vindeiros orzamentos municipais recollan as contías necesarias para activar o servizo de ambulancia, unha vez se especifique a colaboración coa Cruz Vermella e se exploren os posibles apoios doutras administracións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies