Noia mellora o abastecemento de auga en Couto de Arriba

0

Noia, 11 de Decembro do 2019 –  O Concello de Noia está a mellorar o abastecemento de auga no lugar de Couto de Arriba, unhas obras nas que inviste 16.146,24 euros e que estarán rematadas esta mesma semana.

O concelleiro de obras, Martín Fernández Godón, explica que “Trátase dunha mellora do subministro municipal de auga aos veciños do Couto de Arriba  e que, sumada ás actuacións anteriores realizadas no cruce da República Arxentina coa rúa Colombia, permite que consigamos un circuíto pechado na rede, o cal era moi necesario nesta zona”.

As obras consisten no corte do pavimento do aglomerado asfáltico con serra e a colocación de douscentos metros de tubarias, de 110 e 90 mm de diámetro, para a rede de abastecemento. Para rematar, mellorarase a capa de rodadura da zona mediante pavimento asfáltico en quente de 5 centímetros de espesor.

Estas obras de abastecemento de auga no lugar do Couto suporán unha mellora significativa para completar a rede municipal e poder mellorar o funcionamento da mesma. Martín Fernández Godón sinala que “este novo entubado, unido ás chaves instaladas nos cruces entre a rúa República Arxentina coas rúas Colombia e Cereixeiras, nos permitirán independizar a zona en tramos, permitindo así actuar de forma máis efectiva á hora de regular os cortes de subministro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial