Noia acometerá obras no abastecemento de auga na Corredoira Luís Cadarso

0

Noia, 16 de setembro do 2019 –  O Concello de Noia acometerá obras de mellora na rede municipal de abastecemento de auga ao seu paso pola Corredoira Luís Cadarso.

As obras en Luís Cadarso permitirán mellorar o servizo que reciben os veciños e veciñas das rúas Galicia e Travesía. Uns traballos que serán acometidos polas brigadas municipais de Obras e que terán lugar mañá martes 17 de setembro, data durante a cal estará interrompido o servizo de subministro de auga entre as 8:00 e as 15:00 horas nas rúas Travesía, Santísima Trinidade e Corredoira Luís Cadarso, así como na marxe dereita da rúa Galicia (sentido Santiago). Ademais, tamén estará cortada ao tráfico de vehículos a rúa Travesía.

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “imos instalar unha válvula de corte que nos permitirá garantir o mantemento do servizo aos veciños e veciñas das rúas Galicia e Travesía, aínda que se produza outra avaría na zona”. Coa situación actual, avarías na Corredoira Luis Cadarso como a acontecida durante as festas do San Bartolomeu supoñían a interrupción do servizo de auga a toda a zona

 “Deste xeito, a reparación dunha futura incidencia na rede de abastecemento nesta zona de Noia non obrigará a cortar o subministro a todas as rúas, senón só onde tivo lugar ese incidente”, sinala Fernández Godón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial