Noia renova un tramo da rede municipal de abastecemento

0

Noia, 27 de abril do 2020 – Noia, a través da Brigada do Servizo Municipal de Augas, vén de acometer a renovación dun tramo de 140 metros de abastecemento na contorna do casco histórico da vila.

 

Estes traballos de mellora da rede de abastecemento dan continuidade aos realizados anteriormente no Malecón de Gasset. “Para evitarlle molestias á veciñanza, aproveitamos o corte de tráfico polas obras de adecuación da fachada marítima para facer estas que nos permitirán ofrecerlles un mellor servizo a veciñanza de Noia”, explica o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón.

Noia renova un tramo da rede municipal de abastecementoAs obras consistiron na instalación dun primeiro tramo de tubeira de PVC de 160 milímetros de diámetro, que conecta coa zona xa renovada procedente do Malecón de Gasset. A continuación instalouse unha válvula redutora de fundición, pasando a unha tubaxe dun diámetro de 125 milímetros que se mantén en dirección ao Malecón de Cadarso ata chegar ata o cruce coa rúa Porta do Poxilgo. Tamén se melloraron as conexións coas rúas do Forno e Peregrina e se renovaron parte das instalacións eléctricas na zona.

“Estas obras permitirán ofrecer un mellor servizo aos veciños de Noia, xa que este era un tramo moi antigo en fibrocemento e de difícil solución ante posibles avarías, as cales ocasionaría cortes no subministro que afectarían a un sector amplo das rúas do casco histórico”, indica Fernández Godón, que engade que “desta maneira, minimizamos esas molestias en futuros cortes de auga, reducimos considerablemente os sectores que poderían resultar afectados e posibilitamos que o Concello poida abastecer á veciñanza con maior rapidez”.

Noia renova un tramo da rede municipal de abastecemento

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial