Noia reparará de inmediato o parque da Alameda que foi obxecto de vandalismo

0

Noia, 30 de agosto do 2018 – O Concello de Noia reparará nos próximos días os xogos do parque infantil da Alameda que foron obxecto de actos vandálicos durante os últimos días.

parque infantil da alameda de NoiaA concelleira de Parques e Xardíns, Mariola López Cierto, explica que no parque infantil da Alameda “apareceron rotos varios xogos, que imos reparar o antes posible dende o Concello de Noia. Mentres duren estas reparacións, os xogos estarán tapados para evitar calquera incidencia”.

Neste sentido, López Cierto fai un chamamento ao respecto do mobiliario público xa que “estamos falando de que á terceira vez que temos que actuar na zona por causa do vandalismo”. Así mesmo, a concelleira solicita a colaboración veciñal para tratar de dar co autor ou autores deste tipo de incidentes pois “se manter en bo estado o noso mobiliario urbano é algo importante, no caso deste tipo de estruturas que están deseñadas para o xogo dos nosos nenos e nenas se volve nunha prioridade”.

parque infantil da alameda de Noia

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial