A pasarela entre o CEIP Felipe de Castro de Noia e o polideportivo de Bergondo xa está operativa

0

Noia, 21 de xaneiro do 2020 – O concello de Noia ven de rematar as obras da pasarela que une o CEIP Felipe de Castro de Noia e o novo polideportivo de Bergondo.

As obras no CEIP Felipe de Castro contaron cun orzamento de case 100.000 euros. A maior parte do custo chegou grazas a unha axuda de 90.000 euros por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Esta actuación súmase ás obras de rehabilitación integral, enerxética e funcional do colexio, acometidas durante o pasado verán e que supuxeron un investimento de 670.000 euros. Uns traballos que permitiron acometer unha remodelación completa do edificio, onde se substituíu a cuberta do colexio, para garantir o seu illamento térmico e estanqueidade, ao tempo que se cambiaron  tanto a carpintería exterior como todas as fiestras por outras que proporcionan un maior illamento térmico e acústico. A maiores, substituíuse todo o alumeado existente por novas luminarias LED, máis eficientes enerxeticamente.

O director do centro, Francisco Lires, aproveitou a visita, ao remate das obras, da concelleira Mariola López para expoñerlle algunhas necesidades do centro educativo. A concelleira tomou nota das peticións e comprometeuse a dar traslado das mesmas á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial