Noia súmase as campañas de prevención da velutina

0

Noia, 9 de abril do 2018 – Preto de medio cento de persoas, na súa gran maioría apicultores/as, asistiron á charla informativa sobre o control da vespa velutina celebrada no salón de plenos do Concello de Noia.

A charla foi impartida polo xefe do servizo de Protección Civil de Noia, Eduardo Moledo, e a concelleira de Medio Ambiente e Protección Civil, Ángela Neri Arufe. No encontro os responsables municipais aproveitaron para presentar a campaña de prevención contra as raíñas de velutina que vai levar a cabo o Concello e intercambiar opinións cos numerosos apicultores presentes, que explicaron os graves problemas que esta especie invasora está a causar tanto nas súas colmeas coma nas árbores froiteiros. Todos coincidiron na idoneidade da campaña xa que coincide co momento no que as raíñas de velutina comezan a conformar os seus niños primarios.

Según a concelleira Ángela Neri “Isto é un plan de prevención sobre as raíñas, para tentar que non se reproduzan máis, a clave agora é que non haxa niño. E para iso hai que cazar á raíña. Cada raíña que collamos agora será un niño menos”. Unha medida que aplaudiron os presentes, quen chamaron a atención sobre a necesidade de que non só Noia faga este tipo de actuacións preventivas pois, como sinalaron, as velutinas non entenden de fronteiras municipais. Ángela Neri comprometeuse, en resposta a esta petición, a dar traslado da iniciativa aos municipios veciños para tratar de implicalos na campaña, “así como aos colexios, para ensinarlles tamén aos nenos e nenas a elaborar trampas caseiras”.

Reparto de trampas

Pola súa banda, Eduardo Moledo, explicou que o Concello de Noia adquiriu 200 trampas, modelo “Vespa Catch”, e 600 atraentes para loitar contra a velutina. Unhas trampas que “doadas de colocar, de cor amarela, que as atrae moito, e cun líquido atraente que maximiza a captura de velutinas sen afectar ás abellas”. O Protección Civil de Noia tamén explicou como colocar as trampas cun gancho que trae a propia “Vespa-Catch” e como elaborar o líquido para atraer ás vespas: 200 cl de auga, 50 gramos de azucre e 10 ml de atraente.

A intención de Protección Civil é de facer un seguimento a todas as trampas que se coloquen polo municipio, para valorar a súa eficacia, polo que solicitou a colaboración da veciñanza para. Os presentes xa levaron numerosas trampas, azucre e líquido atraente para comezar dende xa a colocalas. Para iso tiveron que deixar os seus datos de contacto e indicar onde ían colocar cada unha delas.

A “Vespa Catch” é un modelo francés de trampa simple e eficaz, que se coloca con facilidade grazas a un gancho incluído na súa confección. O atraente é unha solución completamente natural e sen insecticida, baseado en extractos vexetais. Segundo os cálculos da empresa fabricante, Véto-pharma, é quen de capturar unhas 13 velutinas en tan só 48 horas, chegando aos 87 exemplares en 8 días, fronte as 27 que se capturan de media con trampas artesanais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial