Noia e a Universidade de Santiago ofrecen seis cursos de formación gratuítos para maiores de 50 anos

0

Noia, 27 de setembro do 2019 –  Noia e a Universidade de Santiago de Compostela abren de novo “Camiños de coñecemento e experiencia”, un programa gratuíto de formación universitaria dirixida á veciñanza maior de 50 anos.

O programa para miores de 50 anos é froito dun convenio asinado entre ambas as dúas institucións. Inclúe tres sesións teóricas e outras tres prácticas, que terán lugar entre o 10 e o 25 de outubro. Hai 30 prazas dispoñibles e as matrículas poderán formalizarse no Concello de Noia ata o 6 de outubro.

Programa

O programa formativo inclúe tres sesións teóricas, que terán lugar no edificio municipal de Servizos Administrativos O Matadoiro (rúa Espírito Santo, 4) os días 10, 14 e 24 de outubro, en horario de tarde. A primeiro seminario, “Que é o envellecemento”, será impartido por Víctor Manuel Arce Vázquez, doutor en Medicina e profesor da Facultade de Medicina da USC e do Programa Universitario de Maiores “IV Ciclo da USC”, entre as 17:00 e as 18:30 horas.

O luns 14 de outubro, de 16:30 a 18:00 horas, Juan López Bedoya, profesor da Facultade de Xeografía e Historia, impartirá a charla “Xeografía física da costa galega: orixe, evolución e orixinalidade do noso litoral”. Para o mércores 23 de outubro está programada a xornada “O cine como linguaxe”, impartida por Álvaro Dosil Rosende, do grupo de investigación 3ª Xeración e bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC.

As sesións prácticas estarán vencelladas ás charlas teóricas. A primeira será un roteiro pola costa, o venres 18 de outubro de 16:30 a 18:00 horas, guiados polo profesor Juan López Bedoya. A segunda será o mércores 23 de outubro e terá lugar na Facultade de Medicina de Santiago, na que o alumnado será guiado por José Manuel Fernández García, doutor en Medicina e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Finalmente, o xoves 24 de outubro Álvaro Dosil impartirá unha práctica sobre o cine como linguaxe.

“Camiños de coñecemento e experiencia” é un programa organizado pola Vicerreitoría de Titulacións da Universidade de Santiago de Compostela e polo Concello de Noia, que contan coa colaboración da Consellería de Política Social, a Deputación Provincial da Coruña e o Banco Santander.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial