займ срочно

Rematada a rehabilitación da estación de autobuses de Noia

0

Noia, 1 de setembro do 2020 – A rehabilitación acometida na estación de autobuses de Noia mellora a funcionalidade dun servizo que, antes da pandemia, rexistraba 200.000 viaxeiros por ano.

A execución deste proxecto, financiado pola consellería de Infraestruturas, implica unha importante remodelación funcional e estética. O alcalde de Noia, a conselleira de Infraestruturas, a concelleira de Xuventude e o concelleiro de Obras visitaron  a estación para supervisar o resultado final da rehabilitación deste espazo.

Rematada a rehabilitación da estación de autobuses de NoiaSantiago Freire, alcalde de Noia,  salientou que “estas obras adaptan as instalacións ás necesidades actuais, tanto dos viaxeiros como das empresas que traballan aquí. Pola súa banda, Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, destacou que “estas obras, que comezaron no 2017, supoñen unha rehabilitación profunda para que os usuarios teñan unha estación máis accesible, funcional e eficiente”.

A reforma supuxo unha inversión da Xunta de Galicia de máis de 270.00 euros, que se suma aos traballos realizados en 2017 para acondicionar a fachada, cun orzamento de 180.000 euros. A actuación que acaba de rematar consistiu na consolidación do terreo da cimentación, posto que a estación se construíu en 1993 e estaba asentada sobre recheos e depósitos de marismas. Asemade, executáronse melloras sobre a cuberta, reforzáronse as baixantes pluviais, instalouse unha nova caldeira, pintouse, melloráronse as carpinterías metálicas e os selados das instalacións e acometéronse actuacións co obxectivo de converter a estación nun espazo máis accesible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies