Noia quere incluírse no mapa de emerxencias da Xunta de Galicia

0

Noia, 7 de setembro do 2019 – O alcalde de Noia, Santiago Freire, mantivo unha reunión co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, para seguir avanzando na incorporación de Protección Civil Noia ao mapa de emerxencias deseñado pola Xunta de Galicia.

Trátase do segundo encontro con Villanueva, despois dun primeiro celebrado o pasado mes de xaneiro, e nel participou tamén a ex concelleira de Protección Civil e actual adxunta á Alcaldía, Ángela Neri. Tras a reunión, Freire Abeijón explica que “temos boas expectativas de que Noia poderá formar parte dese mapa de emerxencias de Galicia, pero a súa constitución está pendente dunha reunión entre Xunta, Fegamp e Deputacións que aínda non está convocada”.

No encontro, o alcalde de Noia aproveitou tamén para solicitar novo equipamento para reforzar os servizos de Protección Civil e de loita contra a avespa velutina, e recibiu información sobre as funcións que regulamentariamente poderían desempeñar as persoas integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal. Finalmente, Villanueva explicoulle a Freire que en breve se asinará o convenio de colaboración para a delegación na Xunta do proceso de contratación dos Policías Locais, unha vez conseguido o apoio do Pleno da Corporación noiesa.

O alcalde de Noia destaca que “seguimos avanzando para conseguir que Protección Civil de Noia se poida incorporar a ese mapa de emerxencias, o que sería moi positivo para a nosa comarca, pois a veciñanza tería unha resposta moito máis áxil ante calquera emerxencia e os tempos de resposta serían moito máis curtos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial