Roteiro en Noia a favor da Asociación Misela

0

Noia, 16 de outubro do 2019 – Esta noite remata o prazo de inscrición para a andaina solidaria a favor da Asociación Misela que se celebrará o domingo en Noia.

Organizada por Trabandainas en colaboración co Concello de Noia ten un custo de 5 euros. As inscricións están abertas ata as 23:59 horas de hoxe na web https://cronocheck.com/ruta-solidaria-2019 . Todo o recadado será doado a Asociación de persoas con discapacidade das comarcas de Muros e Noia, máis coñecida por Misela.

Misela

O colectivo naceu O 16 de xuño de 1993, a raíz da unión de pais dos nenos que acudían ó STAND (Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidade), do Concello de Noia, constituíuse a Asociación de Pais do STAND, coa finalidade de dar ó neno con discapacidade o completo benestar físico, psíquico e social. Ó longo dos anos , a entidade evoluciona cara á atención das persoas con discapacidade, tanto nenos como adultos, a través de servizos especializados.

No ano 2012, para dar un impulso á labor da entidade e aumentar a súa visibilidade social, a Asociación de Pais do STAND cambia de nome, denominándose a partir dese momento MISELA Asociación de persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros.

A iniciativa

José Manuel Dosil, da directiva do club Trabandainas conta que  “xa estamos anotadas preto de 300 persoas pero agardamos chegar ás 400 do ano pasado, entre participantes e colaboradores”. A presidenta do club, Pilar Santamaría, fixo pola súa banda un chamamento á participación porque “Misela necesítanos a todos nós e queremos contar con todos vós”.

A concelleira de Deportes, Laura Salgado, destacou que “o labor de Misela é fundamental porque favorece a vida independente de persoas con discapacidade”, polo que animou a toda a veciñanza a participar na ruta solidaria. Finalmente, Mari Carmen Hermida, presidenta de Misela, agradeceu “todo o cariño que nos teñen, sempre pendentes de nós e porque saben as necesidades que temos. Espero que todo o mundo colabore, algo que agradecemos por adiantado”.

Ruta solidaria

A ruta solidaria a favor da asociación Misela 2019 sairá ás 9:15 horas do domingo 20 de outubro de diante da Casa do Concello de Noia, punto de encontro dende as 8:30 horas. O percorrido será de 12 quilómetros, partindo do monolito conmemorativo do 850 aniversario de Noia, pasando pola ponte medieval do río Traba, a aldea abandonada de Xei, os muíños da Ponte de San Francisco, o paseo fluvial do río Tállara, o dolmen da Cova da Moura, a Fervenza de Argalo e a fábrica da Chaínza, para volver a Noia pola Igrexa de San Martiño e o Cruceiro da praza da Constitución.

A expedición rematará na casa consistorial de Noia, onde tomarán un refixerio e onde todas as persoas asistentes poderán mercar algún dos produtos elaborados polo alumnado de Misela. A ruta está organizada polo club Trabandainas e conta coa colaboración do Concello de Noia, Misela, Confraría de Pescadores de Noia, Gadis, Autos Comparado, Noia Histórica, MetalNoia, Restaurante O Rei Martiño, Castro e Gómez e Freire.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial