Noia súmase á Rede Galega de Praias sen Fume

0

Noia, 3 de xuño do 2019 –  O Concello de Noia vén de sumarse este ano á Rede Galega de Praias sen Fume, unha iniciativa da Consellería de Sanidade nacida no ano 2016 e da que forman parte 79 areais de 45 municipios.

O Concello de Noia xa procedeu á instalación da correspondente sinalización e materiais de difusión facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública nas dúas praias que se inclúen na rede sen fume: Boa Grande e Boa Pequena.

A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, explica que “o que buscamos é que os nosos mozos e mozas saiban que o normal é non fumar, para que adopten unha actitude negativa cara o tabaco e así evitar que moitos deles comecen a fumar, xa que a imitación dos adultos é un dos principais factores de inicio nesta adicción”. Para iso, o Concello de Noia levará a cabo durante as próximas semanas unha campaña promocional encamiñada a lograr unha sociedade libre de tabaco, instalando dous postos informativos nos areais e outro diante da Casa Consistorial nas que se impartirá información tanto sobre os beneficios de non fumar como sobre como facilitar o abandono do tabaco.

Neri fai un chamamento á colaboración veciñal xa que “se ben está prohibido fumar na zona da praia, estamos falando dunha elección voluntaria e persoal de cada veciño e veciña. Non se trata dunha campaña sancionadora e con afán recaudatorio. De feito, nos areais que estamos unidos á Rede Galega de Praias sen Fume non hai vixilancia nin sancións, polo que apelamos á responsabilidade e participación activa dos veciños e veciñas de Noia no noso obxectivo de promover unha vida sen tabaco e desnormalizar o consumo de tabaco diante dos nosos fillos e fillas”.

A Consellería de Sanidade realizou unha enquisa o verán pasado aos usuarios das praias e á poboación en xeral co fin de avaliar a percepción e a resposta á iniciativa. O 71,6% dos usuarios das praias valorou esta iniciativa como boa ou moi boa, isto é 7,4 puntos máis que no 2017. Na poboación xeral, catalogaron esta iniciativa como moi boa ou boa o 78,1%, 4,4 puntos máis que no 2017.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial