Noia terá que esperar para reforzar a Policía Local

0

Noia, 29 de decembro do 2018 – O proceso de selección de tres novos axentes para a Policía Local de Noia sofre un parón coa recusación de parte do tribunal.

O concello decidiu suspender todo o procedemento de provisión de novas prazas na Policía Local. Esta oferta de emprego estaba incluída nas previstas para o ano 2018. O concello suspende tamén o exame previsto para o venres día catro. Este contratempo fai moi difícil a incorporación de novos axentes no 2019 xa que os que aprobaran deberían entrar na Academia Galega de Seguridade a primeiros de ano e rematar un curso de 9 meses.

A suspensión está motivada pola presentación, o pasado xoves, dun escrito de recusación contra tres membros do Tribunal de selección. A recusación contra Antonio Blanco García, Francisco Fernández Arufe e Francisco Luís Lorenzo Rodríguez reclama tamén a suspensión da tramitación do procedemento en tanto que non sexa resolta esta solicitude polo superior xerárquico dos recusados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial