Obras de mantemento para a piscina municipal de Noia

0

Noia, 10 de xuño do 2020 –  O alcalde de Noia, Santiago Freire, e a concelleira de Deportes, Laura Salgado, visitaron esta semana as instalacións da piscina municipal para comprobar o  avance dos traballos de mantemento e mellora destas instalacións.

A piscina municipal de Noia leva pechada ao público dende o pasado 13 de maio por mor do decreto do estado de alarma pola pandemia do coronavirus COVID-19 e agora recibe unhas melloras que continuarán ao longo das próximas semanas.

Según a concelleira Laura Salgado “Estamos aproveitando estes meses de parón na actividade da piscina municipal para mellorar as instalacións, facer unha posta a punto dos equipos e tamén para dixitalizar toda a documentación que había no arquivo”. Así, procedeuse ao pintado das distintas salas, á posta a punto das máquinas do ximnasio e a reparacións nos vestiarios, así como á realización de traballos de carpintería de toda a instalación.

Obras de mantemento para a piscina municipal de NoiaUns traballos que se unen tamén ás accións necesarias de cara a adoptar todas as medidas de protección precisas para a reapertura da instalación, cuxa data aínda non está fixada. “Estamos vendo como aplicar os protocolos de seguridade de cara a abrir as portas pero non é algo sinxelo, pois se reduciría moi considerablemente o número de persoas que poderían utilizar estas instalacións, o que afectaría directamente ás persoas aboadas e ao acceso do que disporían á lugares como a piscina, ao jacuzzi ou á sauna”, exemplifica a concelleira.

Unhas persoas usuarias que teñen suspendido o pago das cotas do seu abono á piscina dende a declaración do estado de alarma e ás que o Concello de Noia devolveu os cartos correspondentes aos primeiros días de marzo. O Concello destaca que agora o máis importante é o estado de saúde das persoas que utilizan estas instalacións, polo que non se fixa unha data concreta para a súa nova apertura ao público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial