Noia retira o lixo dun vertedoiro de vidro na Pastoriza

0

Noia, 9 de xaneiro do 2019 – O Concello de Noia vén de retirar o lixo do primeiro vertido incontrolado do ano, nesta ocasión de plásticos e de vidro nunha parcela da Pastoriza, na parroquia de Roo.

O concelleiro de Medio Ambiente, Martín Fernández Godón, explica que “nesta ocasión a maioría do material retirado na Pastoriza é vidro, sobre todo lúas de vehículos, pero tamén lixo e mesmo cueiros, que deberían ter sido depositados no punto limpo para a súa correcta reciclaxe”.

vertido vidro en NoiaO concelleiro aproveita a ocasión para lembrar que Noia dispón dun punto limpo no polígono de Augalevada onde depositar este tipo de refugallos. Unha instalación que vén de ampliar o seu horario en 5 horas e media á semana e que está aberta de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas; os sábados, de 9:00 a 14:00 horas; e os xoves, de 16:00 a 20:00 horas. Ademais, o punto limpo tamén abre en horario de tarde, de 16:00 a 19:00 horas, o primeiro e último sábado do mes. Así mesmo, os veciños e veciñas de Noia dispoñen tamén dun servizo de recollida de enseres (chamando ao 981 19 12 40) e outro de recollida de aparellos, residuos eléctricos e restos de obra o cuarto martes de cada mes (previa solicitude no Concello ou no 981 84 21 00).

vertido vidro en Noia

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial