займ срочно

Noia investiga a procedencia dun vertido a carón da estrada con Santiago

0

Noia, 22 de agosto do 2018 –  O Concello de Noia vén de retirar un vertido de materiais de construción nunha parcela a carón da estrada Santiago-Noia (AC-543), emprazada preto da gasolineira Combustibles Barcia SLU e do enlace coa autovía Santiago-Noia.

A concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri, indica que este vertidos xa se produciron máis veces e explica que “xa van varias veces que se limpou a zona e se volveron producir polo que xa demos traslado da situación á Xunta de Galicia. Ademais, cos medios dos que dispoñemos, o Concello está tentando localizar á persoa ou empresa responsable, tarefa para o que solicitamos tamén a colaboración veciñal”.

Nos últimos meses, o Concello de Noia leva retirado un par de puntos de lixo incontrolado no municipio, ademais da limpeza desta parcela ao pe da AC-543. Por iso, a concelleira aproveita a ocasión para lembrar a toda a veciñanza que o Concello de Noia dispón dun punto limpo no polígono de Augalevada onde depositar este tipo de refugallos. Unha instalación que está aberta de luns a venres, de 9:00 a 13:00 horas; os sábados, de 9:00 a 13:30 horas; e os xoves, de 16:00 a 20:00 horas. Ademais, o punto limpo tamén abre en horario de tarde, de 16:00 a 19:00 horas, o primeiro e último sábado do mes.

Así mesmo, Ángela Neri lembra que os veciños e veciñas dispoñen tamén dun servizo de recollida de enseres (chamando ao 981 19 12 40) e outro de recollida de aparellos, residuos eléctricos e resto de obra o cuarto martes de cada mes (previa solicitude no Concello de Noia ou no 981 84 21 00). “Pedimos a colaboración dos veciños e veciñas de Noia para que depositen correctamente o lixo e manter así un concello limpo”, apunta Neri Arufe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies