Noite de deporte solidario en Vedra

0

Vedra, 9 de xaneiro do 2019 – O concello de Vedra reúne tres probas atléticas o próximo sábado no que será unha noite de deporte solidario.

A IV Carreira Nocturna Solidaria, a XIV Carreira Popular de Vedra e a II Andaina Solidaria celebraranse este próximo sábado no Pavillón Municipal de Vedra a partir das seis e media da tarde. A esa hora terá lugar a carreira absoluta xuvenil que se disputa sobre un percorrido de 6.500 metros. Dez minutos despois da saída de esa proba comezará a Andaina Solidaria cun percorrido de 5.000 metros e na que os menores deberán ir acompañados dun adulto.

A partir das sete e media da tarde terán lugar as probas menores. Cadete e infantil sobre 1.800 metros; Alevín Benxamín sobre 1.000 metros e Prebenxamín sobre 200 metros.

Hoxe é o último día para a inscrición que se pode facer no seguinte enlace.

Doacións

Para a recollida de dorsal na carreiras absoluta e xuvenil será preciso facer un donativo de 2,00€ que será destinado a fins sociais no concello de Vedra. Haberá un trofeo para as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría desta carreira. Para a recollida do dorsal nas categorías inferiores e na andaina é necesario traer polo menos 1 kg. de alimentos non perecedoiros (recoméndase aceite, conservas, produtos de hixiene e de limpeza) e/ou facer un donativo de 2,00€. Todos os alimentos recollidos serán entregados ao banco de alimentos do concello. Habilitarase un dorsal nº 0 para os que queiran participar na doazón sen tomar parte da proba.

Premios

Non haberá premios económicos. Na carreira absoluta e xuvenil outorgaranse trofeos/medallas as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría. Nas carreiras menores haberá agasallo conmemorativo para as persoas inscritas. A entrega de trofeos será as 20:00 horas. Tódolos premiados deberán estar presentes na entrega de trofeos, en caso contrario perderán o dereito ao mesmo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial