Cinco concertos en cinco espazos, chega a Noite en Branco da Magariños a Brión

0

Brión, 19 de maio do 2017 – A “Noite en Branco da Magariños” ofrecerá hoxe desde as 22:00 e as 0:00 horas, cinco concertos en outros tantos edificios públicos de Brión.

noite en branco en Brión

Foto de arquivo da edición do 2015

Cinco concertos totalmente gratuítos e abertos á cidadanía. Un espectáculo no que participará o alumnado da Escola Municipal de Música Magariños de Brión, que este ano contarán coa Banda de Música Municipal de Brión como artistas convidados.

A “Noite en Branco” inclúe actuacións duns vinte minutos nos que se interpretan pezas clásicas e modernas, que van acelerando o seu ritmo segundo vai avanzando a noite e se vai cambiado de escenario, todos eles na contorna de Pedrouzos e coa Carballeira de Santa Minia como eixo central. Así, os concertos comezarán ás 22:00 horas na Aula 2 da ESMU Magariños co concerto “Lento”; seguido ás 22:30 horas polo concerto “Adagio” na Biblioteca Municipal de Brión.

Ás 23:00 horas chegará o concerto “Moderato”, que terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura, dende onde se trasladarán ata o salón de plenos do Concello de Brión, onde ás 23:30 horas se celebrará o concerto “Allegro”. A “Noite en Branco da Magariños” pecharase ás 0:00 horas co concerto “Presstisimo”, o único que terá lugar fora da contorna da Carballeira de Santa Minia, pois será no auditorio do Centro Social Polivalente.

A “Noite en Branco da Magariños” está organizada pola Escola Municipal de Música Magariños de Brión, coa colaboración do Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A entrada a calquera destes cinco concertos é totalmente libre e de balde.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies