Noite Velada na Ponte Ledesma

0

Boqueixón, 6 de agosto do 2018 – Si a Ponte Maceira ten a Noite en Vela a Ponte Ledesma ten a Noite Velada que este ano celebrarase o próximo venres día 10.

A Noite Velada é unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón que ten lugar no Campo do Río de Ponte Ledesma. A luz das candeas iluminará o espazo a partir das nove e media da noite. As actuacións correran a cargo de Son de Gaita, Muxicas da Silveira e Pelepau. Ademais da música, e dado que o ambiente se presta, ofrecerase a todos os asistentes unha breve representación do conxuro da queimada e unha degustación de balde, que porá o broche perfecto a unha noite de verán a pé do Ulla.

O espazo tamén contará con diversos postos de bebida e comida. Deste xeito, todas as persoas asistentes terán a oportunidade de cear á luz das candeas ao tempo que escoitan música tradicional.

A actividade é totalmente gratuíta. Dende o Concello de Boqueixón animan á veciñanza e visitantes a participar nesta Noite Velada, que agardan conte con centos de asistentes.

Imaxe da ponte na edición do 2017

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial