Noites de cine en Lousame coa película Arrugas

0

Lousame, 22 de agosto do 2018 –  A pista polideportiva do Sanguiñal acollerá hoxe mércores 22 de agosto, ás 22:00 horas, a última sesión das Noites de cine organizadas polo Concello de Lousame.

Nesta ocasión as Noites de Cine proxectarán a película “Arrugas”, un filme de animación galego baseado no álbum de banda deseñada do mesmo nome do debuxante Paco Roca.

Dirixida por Ignacio Ferreras e cunha duración de 89 minutos, “Arrugas” é un achegamento ao mundo do alzheimer a través da historia de dous anciáns nun xeriátrico. No caso improbable de choiva, a proxección trasladaríase ao auditorio da Casa da Cultura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial