займ срочно

Nós e o mundo. O mundo e nós, a USC conmemora o centenario da publicación

0

Compostela, 1 de decembro do 2020 – A USC organiza Nós e o mundo. O mundo e nós, diversos relatorios que se achegarán ao contexto histórico da emblemática revista no ano conmemorativo do centenario do seu nacemento.

O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC acollerá tres mesas redondas que se desenvolven estes días. Onte luns foi o día dedicado ao celtismo, Irlanda e Galicia, un relatorio que se pode ver aquí.

Hoxe martes será a quenda das materias filolóxicas e lingüísticas baixo a moderación de Iago González García. José Luís Forneiro, Inmaculada Mas Álvarez e Henrique Monteagudo.

Mañá día 2, César Domínguez e Carlos Quiroga analizarán a revista en relación con outros sistemas literarios, actuando como moderador Xosé Xohán Rodríguez Rodríguez.

Todas as sesións comezarán ás 19.00 horas e poderán seguirse en liña a través desta ligazón e posteriormente permanecerán a disposición dos interesados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies