Vedra, 28 de febreiro do 2018 – O BNG de Vedra, asinou ante notario unha acta de manifestación, cós nomes de tres persoas, relacionadas con tres postos de traballo, de recente creación a través da RPT (Relación de Postos de Traballo) aprobada recentemente.
Esta declaración ante notario ten, según o BNG de Vedra, o obxectivo de “forzar un proceso de oposición xusto e aberto á toda a cidadanía, e non dirixido unicamente a funcionarizar traballadores municipais”.
Según os nacionalistas a aprobación da RPT causou “un grande malestar entre o corpo de traballadores municipais, ate o punto de que a maioría foron informados do contido do documento unhas horas antes de que fora aprobada, coa maioría absoluta do PP, no pleno de Xaneiro”.
O BNG recoñece que dous representantes sindicais, o equipo de goberno, e o secretario municipal “sendo recibido con estupefacción e incredulidade polo resto dos traballadores”.
O Bloque de Vedra explica que, ante o malestar xerado, o que pretende ao asinar esta acta ante notario é que “polo menos, as prazas de funcionario creadas nesta RPT, sexan convocadas e valoradas dunha maneira xusta, e cun procedemento aberto á cidadanía”. Na acta fanse constar os nomes de tres persoas e os postos que supostamente acadarán.
O voceiro municipal do BNG, José Antonio Pose di que “esperan que non sexa necesario publicar o documento gardado na notaría, posto que a única finalidade do mesmo é que a convocatoria non sexa construída dende o BOP e o concello á medida dos traballadores aos que quere funcionarizar, como xa ten acontecido noutras ocasións”.