Nova clínica de fisioterapia en Negreira co apoio do Plan Leader

0

Negreira, 6 de marzo do 2019 –  Fisionicra inaugúrase este venres en Negreira co apoio do Plan Leader xestionado desde a Axencia galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, e o  GDR Terras de Compostela.

As axudas Leader buscan o desenvolvemento no ámbito rural que, na Unión Europea, alcanza o 91% do territorio. 800 proxectos foron apoiados en Galicia ao longo destes dous últimos anos cun investimento total de 38 millóns de euros de investimento.

A clínica inaugúrase este venres 8 de marzo, Día da muller, ás 8 da tarde e contará coa presenza do alcalde de Negreira Jorge  Tuñas.

Mulleres emprendedoras

Fisionicra é posta en marcha por María del Carmen Rial  Hermo, Laura Dopazo Gómez e Noelia Suárez Pintor, tres fisioterapeutas que xa traballaban xuntas e decidiron dar o salto e montar a súa propia empresa. Proceden do rural e iso influíu na apertura da clínica “a xente nova tense que animar a emprender no rural se queremos que avance”.

O seu traballo abarca desde a  traumatoloxía (dores de costas,  escordaduras, dores de cabeza, post  ciruxías…) ata a prevención no ámbito deportivo. Pero en  Fisionicra queren apostar por innovar, tratando temas menos coñecidos como a  uroxinecoloxía, desde a prevención de incontinencias, as dores da  pelvis ou o acompañamento antes e  despues do parto. No ámbito de pediatría tratarán ademais os  cólicos de lactante, prevención e tratamento, as  bronquiolitis e as distintas patoloxías  ortopédicas.

O camiño a Fisterra

A presenza de  Fisionicra no Camiño de Santiago ten tamén a súa relevancia. Tanto o asesoramento aos peregrinos como poñer solución ás dores musculares que poidan aparecer serán parte do seu traballo. Desde o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia impulsouse unha guía para este tipo de cuestións na que todos os asociados achegaron a súa experiencia.

GDR Terras de Compostela

A Asociación Terras de Compostela, é unha entidade sen ánimo de lucro, modelo de  partenariado  público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como ó tecido asociativo así como á sociedade en xeral do seu ámbito territorial.

O   GDR 19 aposta polo medio rural, a través da metodoloxía   Leader e a través doutros proxectos orientados a contribuír co desenvolvemento integral do territorio. A clínica  Fisionicra alcanzou, no marco destes programas, unha subvención do 42% do investimento total, ademais de contar co asesoramento do equipo técnico do  GDR.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial