Nova cuberta para a gradaría do campo de fútbol municipal de Melide

0

Melide, 31 de Nadal do 2017 –  Melide afronta distintas obras no campo de fútbol municipal entre as que destaca a retirada da cuberta actual e a construción dunha nova para a gradaría.

Melide traballa na actualidade na retirada total da uralita que cubría a gradaría. Esta zona estaba xa moi deteriorada polo paso do tempo e polas diferentes inclemencias meteorolóxicas que azoutaron a vila no último ano, especialmente o temporal Kurt, que deixou moi danada esta cuberta. A maiores do recambio da cuberta do campo de fútbol municipal tamén se está a reforzar a pintura da estrutura metálica.

Tanto a alcaldesa de Melide, Dalia García, como a concelleira de Deportes, Dolores Gómez, apuntan a que se trata “dunha obra de importancia xa que se retira unha cuberta que se atopaba en malas condicións reforzando así a estrutura coa colocación dun novo material moito máis resistente”.

Outras melloras no campo municipal

O goberno local de Melide acometeu neste 2017 outras melloras no campo de fútbol municipal. Durante o temporal Kurt no mes de febreiro, ademais dos danos na cuberta, o campo sufriu desperfectos como a rotura de redes de protección e roturas en distintos puntos. O Concello de Melide arranxou estes problemas coa restitución destas redes co seu correspondente fuste, así como o acondicionando de varios detalles do perímetro deste campo.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies