Nova derrota do Monbus Obradoiro ante o  Delteco  GBC (85-72)

0

Compostela, 29 de abril do 2019 – O  Monbus Obradoiro non foi capaz de vencer como visitante a un  Delteco  GBC pese as oportunidades do último cuarto do partido (85-72).

Baixas de  Simons e  Singler

Photo ACB – U. Murillo

Os de Moncho Fernández afrontaron o partido ante o Delteco sen dous dos seus xogadores: Ben  Simons non viaxou ao sufrir unha escordadura de nocello no último adestramento do mércores, e  Kyle  Singler, que levou un golpe no xeonllo durante a semana e finalmente non puido disputar o encontro.

Delteco  GBC impón o seu acerto

Saíu moi metido no partido o  Monbus Obradoiro, que contaba cun bo acerto tanto dos seus exteriores e na pintura, e cun alto nivel de intensidade defensivo. Pero os vascos demostraban que non querían deixar pasar a oportunidade de gañar este partido e, a pesar do gran traballo  obradoirista, o  GBC castigou desde máis aló de 6,75 cun 6/10 en triplos só no primeiro cuarto.

Photo ACB – U. Murillo

Reacción  obradoirista

A pesar de que o  equipo local impuxo o seu acerto e a sua defensa no segundo cuarto, momento de  baixón dos  obradoiristas, e a pesar de perder de oito puntos ao descanso, os de Moncho Fernández recuperaron boas sensacións tras o paso polos vestiarios e saíron cunha alta intensidade en defensa que lles permitiu achegarse a 2 puntos no electrónico.

Perdida a batalla do rebote

Os galegos foron capaces de controlar as perdas, clave neste partido no que terminaron con oito, pero perderon unha batalla que era fundamental para ter opcións de vitoria: a do rebote. Os  obradoiristas fixéronse cun total de 28 rebotes (20 defensivos e 8 ofensivos) fronte aos 40 dos vascos (28 defensivos e 12 ofensivos).

Photo ACB – U. Murillo

O que máis dano fixo ao  Monbus Obradoiro foi o rebote ofensivo. Nas accións que defenderon con intensidade e nas que o seu rival fallou, non foron capaces de facerse co rebote ofensivo, dando segundas oportunidades. Os vascos anotaron nin máis nin menos que 21 puntos desde estas segundas oportunidades.

Detalles finais

Non se renderon os  obradoiristas, que pelexaron pola vitoria ata os últimos segundos, pero os erros finais en accións moi sinxelas debaixo do aro e o desacerto nos tiros libres penalizoulles e non puideron achegarse máis no marcador.

Photo ACB – U. Murillo

O  Monbus Obradoiro repite como visitante e disputará a próxima xornada na pista do  MoraBanc Andorra, o domingo 5, ás 17:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial