Nova faciana para a rúa Mediodía en Ordes

0

Ordes, 23 de abril do 2018 – O Concello de Ordes ven de investir máis de 23.500 euros no arranxo e mellora do enlace na N-550 coa rúa Mediodía, deixando un novo aspecto nunha das principais entradas da cidade.

As melloras na rúa Mediodía, según a memoria do proxecto, consistiron na reparación do pavimento con aglomerado en quente, previo fresado do xa existente. Ademais do asfalto tamén arranxáronse 26 metros cadrados de beirarrúa, con características moi similares á xa construída anteriormente. Finalmente procedeuse coa execución de 3 arquetas con sumidoiro, a adaptación doutras 12 á nova rasante e novos pasos de peóns elevados sobre aglomerado, incluíndo un na rúa Víctor González Faya. Todo rematouse dun novo pintado da estrada.

As obras, levadas a cabo na súa maior parte durante a pasada semana, xa remataron quedando restablecido o tráfico de vehículos e peóns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial