Nova pasarela peonil para cruzar o Sar en Padrón

0

Padrón, 30 de xuño do 2018 – O concello de Padrón acomete estes días a instalación dunha nova pasarela peonil para cruzar o Sar na zona do Bordel.

A nova pasarela é unha única estrutura metálica de 30 metros de lonxitude e 2,5 metros de anchura. O paso permite o tránsito tanto de peóns como de bicicletas e require unha serie de obras de fixación antes de que poida estar operativa ao cen por cen.

O alcalde, Antonio Fernández Angueira, presenciou a descarga da pasarela e o comezo dos traballos de instalación. Angueira explicou que se trata de “unha obra moi agardada e que facilitaralle a moitos padroneses o tránsito entre a zona do Bordel e o campo da Barca”. Durante a visita realizada ao lugar das obras, o alcalde salientou que “o goberno local segue a cumprir os compromisos adquiridos cos padroneses. Esta pasarela, xestionada coa Consellería de Medio Ambiente e financiada con cargo ao Plan Hurbe, é a primeira dunha batería de obras que se acometerán nos vindeiros meses”.

Unha obra que chega despois das queixas, a primeiros de mes, polo mal estado doutra das pasarelas que cruzan o río e que serviu ao grupo Veciños de Padrón para pedir a dimisión do concelleiro de obras, José Ramón Pardo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies