займ срочно

Nova paxina web para a Fundación Araguaney

0

Compostela, 17 de xullo do 2017 – A Fundación Araguaney – Ponte de Culturas renovou a súa páxina web cunha imaxe máis visual e dinámica coa idea de chegar a un público máis diverso.

A web recolle os contidos centrais da entidade, como son a composición do novo Padroado, os principais proxectos e unha sección de noticias. O presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Martínez, explica que este redeseño ten como fin dar maior visibilidade ao patrocinio artístico, a edición literaria, a organización de exposicións, de concertos, de coloquios e doutras actividades culturais de diversa índole, ademais de difundir a filosofía da Fundación Araguaney como ponte entre culturas: o achegamento cultural entre o mundo árabe, Hispanoamérica e Galicia.

Como novidade, a páxina inclúe unha sección na que se resumen os principais eventos organizados pola Fundación e celebrados no Hotel Araguaney desde a súa inauguración en 1985 ata a actualidade. A galería recolle fotografías das visitas de personaxes relevantes como a de Fidel Castro en 1992 ou a de Yasser Arafat en 1994 a Santiago de Compostela. Tamén se poden ver recordos da Bienal de Arte Araguaney ou da celebración do Premio Araguaney de Ouro, un galardón de honra creada para distinguir as iniciativas máis destacadas pola súa transcendencia no desenvolvemento cultural, económico e social de Galicia, do que se celebraron dez edicións desde 1985 ata 2006.

Na actualidade a Fundación Araguaney centra parte dos seus esforzos na convocatoria anual da Semana de Cinema Euroárabe Amal, apostando polo cinema como linguaxe universal capaz de fomentar o encontro entre culturas. Organiza varios ciclos de cinema en diversas localidades da comunidade, o chamado Amal en Ruta. Otorga o Premio Revbela de Comunicación, que ten como obxecto galardoar os mellores traballos sobre os conflitos activos e os riscos potenciais do século XXI para a seguridade humana e partir de este premio organiza tamén os Foros Revbela, onde periodicamente celébranse conferencias, debates e mesas redondas sobre distintos asuntos de actualidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies