Nova proba de Agility no Milladoiro, puntuable para o campionato de España

0

Ames, 6 de setembro do 2018 –  Esta fin de semana, 8 e 9 de setembro, o campo de fútbol do Milladoiro acollerá unha nova proba de Agility puntuable para o campionato de España.

A anterior proba de Agility, tivo lugar no mes de xuño. Organizada polo club canino Amizar Agility, a proba conta coa colaboración do propio Concello, da S.D. Milladoiro, da empresa Arion, da imprenta Alonso e da clínica veterinaria Media Lúa. Belmiro Sousa exercerá como xuíz nesta competición.

Trátase dunha proba dobre puntuable para o campionato de España 2019 da Real Sociedade Canina de España.  En función do tamaño dos cans, estes serán divididos en tres categorías diferentes: mini, midi e estándar. A primeira inclúe animais que saltando non conseguen superar os 30 centímetros. A segunda abrangue aqueles outros cuxo chimpo acada alturas de 40/50 centímetros. A terceira das categorías, a estándar, inclúe os cans de maior tamaño que conseguen realizar saltos de ata 60 centímetros.  A competición presenta tres graos diferentes. O primeiro equivalería a un nivel de iniciación, en tanto que o segundo sería un nivel intermedio. O terceiro dos graos é o máis elevado da competición, ao presentar maiores esixencias para os animais e pistas de maior dificultade. Así mesmo, cada un dos graos conta con dúas probas: o jumping e o agility. O jumping está conformado por circuítos nos que as zonas de contacto non están presentes, polo que os animas alcanzan maiores velocidades. O agility, ao contrario, si que presenta zonas de contacto, as cales deben ser tocadas polas cans no desenvolvemento da proba.

Se ben a entrada será gratuíta, para participar será necesario realizar a inscrición antes do xoves, 6 de setembro, a través do correo electrónico amizaragility@gmail.com. O día da proba, os participantes deberán presentar a cartilla de puntuacións e a cartilla veterinaria dos animais, así como aboar a matrícula que ascende a 12€ por día e can. No caso de que unha mesma persoa participe con máis de un can, este prezo só se aplicaría ao primeiro e a inscrición dos seguintes sería de 6€ por día e can. No caso de aplicarse canon, a ditos prezos sumaránselle 0,5€.

A competición comezará o sábado ás 16.00 horas coa entrega de cartillas, a presentación de participantes e o control veterinario. Ás 16.30 horas dará comezo a proba de grao 1, que corresponde a un nivel de iniciación, e ás 17.15 pasarase á proba de segundo grao. Ao remate desta, terá lugar a terceira, dun nivel avanzado. O día seguinte haberá un programa similar: a entrega de cartillas, presentación e control comezarán ás 10.00 horas e, a partir das 10.30 horas, iniciaranse as probas por orde de dificultade. Belmiro Sousa exercerá como xuíz ao longo da competición.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial