Nova senda peonil e ciclista en Boqueixón

0

Boqueixón, 24 de xaneiro do 2019 – A veciñanza de Boqueixón xa pode percorrer porunha nova senda peonil e ciclista o treito comprendido entre os núcleos de A Susana e A Eirexe.

A nova senda peonil foi completada pola Xunta de Galicia. Recentemente revisaron os traballos o delegado territorial na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde Manuel Fernández Munín.

Fernández Munín explicou que “Esta nova infraestrutura vai mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza ao tempo que mellora a súa mobilidade entre A Susana e A Eirexe. Cómpre ter en conta que nos aproximadamente dous quilómetros que separan estes dous núcleos se atopan servizos de interese como o polígono industrial de Sergude e tamén a Escola Unitaria desta parroquia, polo que é punto de paso para numerosos veciños e veciñas”. Neste senso, o rexedor agradeceu á Xunta de Galicia a creación desta senda que tivo unha inversión, por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, de 500.000 euros.

Dous treitos

Entre as melloras deste proxecto salientouse a redución da curva localizada no entorno do futuro centro sociocomunitario de Sergude, que permitiu, ademais, optimizar o tránsito de vehículos.

A nova senda peonil abrangue dous treitos. O primeiro une o núcleo de A Susana co polígono industrial de Sergude, polo que nos seus primeiros metros este itinerario transcorre polo termo municipal de Santiago. O segundo treito, desde o parque empresarial continúa ata o lugar de A Eirexe, chegando á altura da Escola Unitaria da parroquia de Sergude.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial