займ срочно

Un futuro para a Cámara de Comercio de Santiago

0

Compostela, 14 de marzo do 2019 – A Cámara de Comercio de Santiago mostrou onte na Cidade da Cultura o proxecto de futuro no que a nova directiva leva traballando 8 meses.

Coa presenza do Conselleiro de Industria, Francisco Conde, o alcalde de Compostela, Martiño Noriega, ou o reitor da USC, Antonio López, entre outros persoeiros, comezou un acto encamiñado a conseguir o apoio do empresariado. En abril do 2018 entraba unha nova directiva que tiña que decidir si pechar o ente ou facer intento por converter a Cámara nunha organización sostible e útil para a maioría dos negocios. Os distintos membros da nova directiva foron falando sempre cun eixe común, explicar a súa experiencia persoal e conseguir a confianza do tecido empresarial.

O novo equipo directivo escoitando a intervención do alcalde Martiño Noriega

Devolver á Cámara o recibido

José Sierra, presidente da Cámara, foi o primeiro en falar. Lembrou que a internacionalización da súa empresa, URO; non tería sido posible sen a Cámara de Comercio e explicou que asumiu o reto de presidila porque “agora que a miña empresa está xa en mans dos meus fillos quero devolverlle ao organismo todo o que me deu”.

José Sierra

Esa razón foi a que esgrimiu Sierra diante de José Carballo, Conselleiro Delegado de Finsa, para incorporalo ao novo equipo. Na súa intervención Carballo dixo que ata en 3 ocasións reuniuse con Sierra pero que esa razón foi a que o convenceu. Recoñeceu tamén terlle dito “vale pero traballas ti e que a Cámara non teña débedas” e a medida que pasaban os días e ían traballando convencíase máis ata estar agora comprometido ao cen por cen no proxecto.

De esquerda a dereita, José Bermúdez e Pancho Negreira

José Bermúdez, de Conxelados Bermúdez, explicou que a Praza de Abastos de Compostela tampouco sería o que é sen a Cámara. A renovación que o mercado tivo que afrontar foi posible grazas ao asesoramento recibido e apostou por recuperar o axente de desenvolvemento, agrario antigamente. Non deixou pasar a oportunidade de pedir accións concretas para repoboar o casco vello da cidade é unha solución definitiva aos problemas de aparcamento que sofren.

Un viveiro modélico

Rosa María Cardeso

A intervención da secretaria xeral, Rosa María Cardeso, puxo en valor o viveiro de empresas do que foi responsable ata asumir este novo reto. Un viveiro que recibiu o premio ao mellor viveiro de España, otorgado pola Fundación de Caixas de Aforro, no 2015 e no 2018 e ao mellor de Galicia no 2016. Mostrouse convencida de que ademais de crear empresas hai que acompañalas e que “o que seremos mañá será consecuencia do que fagamos hoxe”.

Eixes de traballo

Pancho Negreira, CEO de Galuresa, e María País de Quatrium foron os encargados de explicar o camiño que a Cámara inicia. O ente, según dixeron, estaba centrado en nichos moi pequenos é que consumía abundantes recursos polo que centrarse nunha masa máis ampla de socios, dar os servizos que precisan a maioría, é a prioridade.

Catro son as liñas na que se seguirán: axudar ás empresas a vender máis, ensinar a xestionar mellor, construír as empresas de dentro de 15 anos e adaptar as actuais para que cheguen alí con tódalas garantías e ser unha voz incomoda, dicir o que faga falta e ante quen faga falta para defender aos sociados.

Asociarse

José Luís Antuña

O vicepresidente da Cámara, José Luís Antuña director xeral de CLUN, pecho as intervencións de membros da directiva. Puxo en valor a historia da Cámara “non podíamos pechar unha entidade con 130 anos de historia sen intentalo” e a súa presenza no territorio xa que abarca 32 concellos desde Melide ao Barbanza. Tamén dixo que no acto só estaban presentes o 2% das empresas implantadas en ese territorio e puxo de novo enriba da mesa a necesidade de que se asocien. Cando o novo equipo tomou posesión só 53 negocios pagaban cuota, agora hai 83 pero seguen sendo insuficiente polo que a implicación de todos é necesaria para conseguir a sostenibilidade.

Autoridades

O acto formal pechou coas intervencións do Conselleiro de Industria, Francisco Conde, e do alcalde da cidade Martiño Noriega. A  continuación servíronse uns petiscos que todos aproveitaron para cambiar impresións e moitos incluso para cubrir a ficha de socios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies