Novas axudas da Xunta para concellos de menos de 5.000 habitantes

0

Bisbarra, 31 de marzo do 2021 – A Xunta ven de abrir unha nova liña de axudas para obras de saneamento, abastecemento e depuración en concellos de menos de 5.000 habitantes.

A liña de axudas, dotada con 4 millóns de euros, vai destinada a impulsar actuacións que garantan o mellor funcionamento destes servizos, de competencia municipal.

Cada concello poderá presentar ata dúas peticións que non poderán ter cada unha máis de 50.000 euros de orzamento.

As dúas axudas por concello irán destinadas a mellorar os servizos de abastecemento e outra para a modernización ou nova construción de instalacións de saneamento e depuración

Serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano nas distintas infraestruturas municipais

Reunión con Gonzalo Trenor

O delegado da Xunta na Coruña. Gonzalo Trenor, reuniuse cos alcaldes de Trazo, Val do Dubra, Frades e Tordoia para informarlles de estas subvencións.

O representante do Goberno autonómico destacou que “con esta liña de axudas o Goberno galego segue a traballar cos concellos apoiándoos na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, de competencia municipal, que redundan na calidade de vida das veciñas e veciños dos municipios máis pequenos de Galicia”.

Trenor subliñou que mediante esta convocatoria para o exercicio 2021, subvencionaranse os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro na execución de obras necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento municipal; nas obras dirixidas á execución de actuacións de modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes; ou os destinados á construción de novas infraestruturas.

Os concellos interesados dispoñen dun mes de prazo para a presentación de solicitudes, contado desde o pasado 25 de marzo. Deberán presentar as ditas solicitudes a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Estas subvencións, compatibles con outras axudas, inclúen tanto os investimentos realizados na execución das propias obras, como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

Esta nova actuación da Xunta conta coa financiación do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial