Novas instalacións para o Club Atlética A Silva-Ordes

0

Ordes, 30 de outubro do 2018 – Ana Soneira, alcaldesa en funcións do Concello de Ordes, visitou a nova instalación coa que contan os atletas do club A Silva-Ordes.

Trátase dun vestiario con duchas, zona de ximnasio, aseos e almacén. En total a construción conta con algo máis de 140 metros cadrados (27 metros de lonxitude), erixida a pé das pistas de atletismo. A súa situación achega unha maior comodidade para os usuarios e usuarias, ademais de respectar o estilo arquitectónico e acabado para englobala dentro do complexo deportivo de Vista Alegre.

O investimento desta segunda fase do proxecto ascendeu a 46.585 €. Levouse a cabo a partición interior do inmoble a base de fábrica de tixolo; illamento térmico de tubaxes e instalación interior ACS; instalación de fontanería, electricidade e carpintería interior; revestimentos de alicatado nas zonas de duchas; colocación de falso teito, pintado, así como a  colocación de chan adaptado na zona do ximnasio.

“Aínda que o proxecto inicial contemplaba a construción dun almacén para o material deportivo decidimos modificalo despois dunha xuntanza cos responsables do club. Explicáronnos cales eran realmente as súas  necesidades máis inmediatas, como aseos, duchas, vestiarios e o ximnasio”, manifesta a tamén concelleira de Deportes.

Previa a esta última fase o ano pasado procedeuse coa construción do inmoble, cuxo investimento total ascendeu a preto de 60.500 €, dos cales a Secretaría Xeral para o Deporte achegou preto de 50.000 €.

Paso adiante

Pepe Domínguez, adestrador e coordinador do Club Atlética A Silva-Ordes, aproveitou a visita na tarde de onte de Ana Soneira e José Luis Martínez Sanjurjo para trasladarlles o seu agradecemento “polo apoio brindado dende o Concello de Ordes ao club”. Domínguez cualificou de “moi importantes” estas novas instalacións, as cales “supoñen unha importante mellora para o cadro técnico e os atletas no seu día a día. Ao longo da semana son moitas horas as que pasamos aquí, e o feito de poder contar cuns aseos, duchas e almacén tradúcese en aforro de tempo e de esforzo para poder dedicalo aos nosos adestramentos. Ademais, isto supón un paso adiante de cara á celebración de competicións de certo nivel nas nosas instalacións, algo que sen dúbida nos axudará aínda máis a posicionarnos como o que somos, un club relevante e de referencia”, asegurou.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial