займ срочно

Novas liñas da Deputación destinadas ao emprego rural

0

Bisbarra, 8 de xaneiro do 2021 – A Deputación da Coruña ven de publicar as bases de dúas liñas de axudas destinadas a fomentar o emprego rural.

PEL-Relevo e PEL-Rurinnova contan cun orzamento de 1.052.400 euros para a creación de emprego e novas empresas nos municipios da provincia con menor poboación.

As axudas están pensadas para os concellos de menos de cinco mil habitantes, ou menos de dez mil con saldo negativo. Están subvencionadas nun 80% polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Fondo Social Europeo e pensadas para menores de 30 anos.

Evitar a caída demográfica

PEL- Relevo e PEL-Rurinnova teñen como obxectivo loitar contra o declive demográfico nas áreas rurais. O Presidente da Deputación, Valentín González, explica que “As liñas de axuda á mocidade no rural demostraron ser importantes á hora de fixar a poboación das zonas máis rurais e contribuír ao desenvolvemento destes concellos a través da creación de emprego estable e de calidade e novas oportunidades de acceso ao autoemprego para a xente moza. Fixar poboación garante ademais o relevo xeneracional”.

Relevo e Rurinnova

A liña de axudas PEL-Relevo, que conta cun orzamento total de 498.000 euros, permitirá subvencionar a contratación de 80 mozas e mozas menores de 30 anos nas empresas e microempresas dos municipios aos que se dirixe o programa.

As axudas estarán limitadas ás empresas que realicen contratacións indefinidas a tempo completo. Como requisitos fundamentais para a mocidade contratada: estar inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e estar empadroada nun dos municipios coas características poboacionais definidas con anterioridade. Cada empresa poderá efectuar a solicitude de subvención para contratar entre unha e ata cinco persoas mozas traballadoras distintas.

A través de PEL-Relevo búscase o relevo xeracional dos cadros de persoal das empresas e proporcionar unha experiencia laboral e a adquisición de novas competencias á mocidade.

PEL-Rurinnova impulsará a posta en marcha de proxectos empresariais no rural, fomentando o autoemprego

A liña PEL-Rurinnova destinará 554.400 euros para o fomento do autoemprego e a creación de empresas a través de accións dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais por parte da mocidade menor de 30 anos.

A Deputación continúa co seu apoio ao emprendemento sostible, e por este motivo dará prioridade de acceso a esta liña de axudas aos proxectos que potencien a economía verde, azul ou circular e conten con medidas de desenvolvemento sostible.

Concellos

Entre os concellos de menos de cinco mil habitantes da bisbarra están A Baña, Lousame, Tordoía, Trazo ou Val do Dubra. No caso dos de menos de dez mil con saldo demográfico negativo están os de Padrón, Melide ou Santa Comba. O listado completo pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia, en este enlace.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies