Novas oportunidades para coñecer a cámara escura da Casa do Cabildo

0

Compostela, 10 de xaneiro do 201 – O Consorcio de Santiago vai celebrar esta fin de semana unhas xornadas de portas abertas para coñecer a cámara escura da Casa do Cabido, na Praza de Praterías.

É unha iniciativa dirixida a todos os cidadáns e visitantes, en particular aos máis pequenos da casa. Un fotógrafo será o encargado de realizar estas visitas guiadas, que permitirán aos asistentes achegarse á física e ao principio da fotografía por medio do máis básico: a cámara escura.

O venres e o sábado haberá catro visitas pola mañá, que comezarán ás 11:30 e seguirán ás 12:15, 13:00 e 13:45 horas. E pola tarde serán ás 16:15 e ás 16:45 horas. O domingo celebraranse as catro visitas da mañá. Non é necesario inscribirse nas mesmas, simplemente estar na Casa do Cabido ao inicio dalgunha das horas previstas. Só deberán concertar previamente a visita os colexios ou grupos a partir de 15 persoas, chamando ao teléfono da Casa do Cabido (981 576 661).

As salas convértense nunha cámara escura, co que os visitantes experimentan a sensación de estar dentro dunha cámara fotográfica

En 2011 o Consorcio rehabilitou a Casa do Cabido, que se adaptou para o seu novo uso cultural. Daquela, a orientación norte da súa fachada e a distancia desta co muro paralelo da parede medianeira posterior inspirou a idea de converter as diferentes salas do edificio en cámaras escuras, que representan a orixe da fotografía e do cine. O deseño das contraventás de madeira permite a escuridade total interior, de xeito que, a través de minúsculos orificios, nas salas penetran os raios reflectidos coa imaxe do fluír da Praza das Praterías, a fachada da Catedral e a Torre Berenguela; proxectándose invertidas sobre a parede medianeira.

O efecto “cámara escura” recreado na Casa do Cabido permite experimentar a sensación de estar no interior dunha cámara fotográfica. E ofrece momentos máxicos coa proxección do fascinante escenario urbano da Praza das Praterías sobre as paredes interiores deste edificio barroco.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial