Novo aparcamento na igrexa de Parada en Ordes

0

Ordes, 1 de novembro do 2018 – O concello de Ordes ven de comezar a construción dun novo aparcadoiro na igrexa de Parada ademais de arraxar a rúa Mirón no centro da vila.

Unha das parcelas situadas ao carón da igrexa de Parada é acondicionada co obxectivo que de serva como aparcadoiro tanto do tempo como do cemiterio anexo. O espazo arranxado servirá tamén como espazo polivalente do que o público tamén poderá dispoñer en actos, celebracións ou naqueles eventos sempre que sexa necesario.

A área engloba unha superficie de algo máis de 450 metros cadrados, nos que se están a levar a cabo tarefas de roza e limpeza, retirada de terra, desmonte para a súa nivelación ata acadar as cotas das vías lindeiras, acondicionamento da explanada co fin de aplicar correctamente a capa de acabado, execución de estendido e compactación da capa de grixo artificial, plantación de árbores de distintas especies (buxos, camelias, olmos, cipreses e loureiros) e a dotación de mobiliario (bancos de madeira con elementos de ferro fundido). Con isto quérese minorar o impacto que esta intervención poida supoñer para a zona e os elementos arquitectónicos protexidos, dotando á veciñanza dun novo espazo esteticamente atractivo e agradable. De cara a un futuro próximo o Concello de Ordes ten prevista a  rehabilitación dunha edificación situada no mesmo lugar para poder darlle uso relacionado coa igrexa e o cemiterio lindeiro.

Por outra banda dende o consistorio tamén se está a proceder coas obras de arranxo da rúa Mirón. Unha intervención na que xa se leva traballado dende hai varios día e que inclúe o picado e demolición de arredor de 170 metros cadrados de pavimento, colocación de cinco arquetas de pluviais a pé das vivendas e doutros 3 sumidoiros conectados a estas, así como a nivelación do terreo e posterior vertido de formigón.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial