займ срочно

A construción novo centro de saúde en Melide adxudicarase a primeiros de ano

0

Melide, 20 de outubro do 2018 – O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, e alcaldesa de Melide, Dalia García, presentaron o proxecto do novo centro de saúde de Melide nos terreos no que se construirá.

O novo edificio ten asignado un investimento de dous millóns de euros e a construción podería comezar antes de seis meses. O novo centro de saúde construirase nunha parcela cedida polo Concello de Melide de 4.968,50 m2, moi próxima ao edificio actual. A capacidade aumenta nun 60,69% xa que a superficie construída chegará aos 1.928,20 m2 fronte aos 1.200 m2 actuais.

Edificio en planta baixa para garantir a accesibilidade

O novo edificio conta cun deseño cunha única planta para favorecer a accesibilidade a todos os seus puntos. Estará estruturado en catro áreas diferenciadas: a de medicina xeral e servizos comúns; a de pediatría; a de fisioterapia e o Punto de Atención Continuada (PAC). O plan funcional do futuro centro de saúde melidense contempla 5 consultas de medicina de familia e 5 de enfermería, 1 de pediatría e 1 de enfermería pediátrica, 1 sala de toma de mostras, 1 consulta de farmacia, 1 consulta de matrona, sala de educación sanitaria, consulta de odontólogo e de hixienista e unha zona de fisioterapia que conta cunha ampla sala para ximnasio, ademais da consulta, cabinas de tratamento e sala de espera. Asemade contará con esperas, sala de xuntas, e estar do persoal, aseos, recepción, arquivos, almacéns, entre outros espazos. Finalmente, o PAC disporá dunha consulta de medicina e unha consulta de enfermería, sala de reanimación-observación, recepción, aseos, vestiarios, esperas, tres dormitorios e sala de estar do persoal.

O concello de Melide ten, na actualidade, 7.025 tarxetas sanitarias, das que 798 son pacientes en idade pediátrica. Mentres que as Urxencias Extrahospitalarias dan cobertura a 9.600 pacientes dos concellos de Melide, Toques e Santiso, sendo a media diaria de 26 atencións.

A construción deste no novo centro de saúde suporá que tanto os profesionais como os usuarios dispoñan dunha infraestrutura moderna e adaptada as súas necesidades, dando unha mellor resposta a atención sanitaria da cidadanía do concello de Melide e da súa contorna.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies