Novo concerto de alumnos no Paraninfo e o xoves a Real Filharmonía

0

Compostela, 11 de xuño do 2019 – Continúan os concertos dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais no Paraninfo e as Xornadas de Música Contemporánea ás que o xoves chega a Real Filharmonía

A Escola na Cidade trae as oito e media ao Paraninfo a alumnos como Celia Carabias, viola, Jorge Ripoll, clarinete,  Eriko Ishimoto, piano, Elena Dominguez, violoncello, e Ewa Pawlowska, violín. Pezas de Bach. Shubert, Stravinski ou Shumann soarán en esta actuación de entrada libre ata completar aforo.

A Real Filharmonía de estrea

Dentro das Xornadas de Música Contemporánea a Real Filharmonía de Galicia estrea este xoves unha peza a nivel mundial. A cita será este xoves, 13 de xuño, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, con entrada libre ata completar o aforo. A batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel.

Trátase da estrea absoluta da Suite sinfónica nº 1 do compositor vigués Eduardo Soutullo (1968), na que se aprecia a influencia da música de compositores como Messiaen ou Takemitsu. Neste último ano as obras orquestrais de Eduardo Soutullo teñen acadado galardóns internacionais como o Primeiro Premio no “VII Composition Competition New Note 2018″, convocado pola Orquestra Sinfónica da Radiotelevisión de Croacia; e tamén foi finalista no “Red Note New Music Festival Composition Competition 2018”, promovido pola Orquestra da Universidade de Illinois. En 2008 obtivo o Premio Reina Sofía de Composición Musical. En 2012 compuxo a música dunha curtametraxe do director de cine Lars von Trier.

Eduardo Soutullo

Soutullo comezou a súa formación musical no Conservatorio Superior de Música de Vigo e logo ampliou estudos de Piano, Teoría Musical, Harmonía e Composición en Madrid, París, Alemaña e Inglaterra. As súas obras sinfónicas teñen sido dirixidas por importantes directores e interpretadas por orquestras de toda España, Europa e mesmo Asia.

O resto do programa

O programa comezará coa obra Wiener blut (Sangue vienés) do compositor irlandés Gerald Barry (1952), que compuxo no ano 2000 para o Grupo de Música Contemporánea de Birmingham. Toma o título da obra homónima de Johann Strauss e nela recolle moitos dos sons da historia da música.

De seguido soará a Sinfonía de cámara do compositor e director de orquestra estadounidense John Adams (1947), un dos máis exitosos e interpretados do seu país. É un artista comprometido coa realidade social e a súa música conecta con todo tipo de públicos. Compuxo esta obra en 1992, tomando como modelo a peza do mesmo título que Arnold Schoenberg escribiu en 1906, aínda que Adams engade como instrumento unha batería e mestura a tradición clásica coa música hiperactiva propia dos debuxos televisivos. Así, o último movemento, denominado O correcamiños, fai referencia ao popular personaxe animado.

Paul Daniel

O concerto concluirá coas Danzas sinfónicas do recoñecido compositor e pianista turco Fazil Say (1970). Destácase entre o compositores contemporáneos pola súa fusión das tradicións musicais de Turquía e Europa occidental. Esta obra, que se presenta por primeira vez en España da man da Real Filharmonía de Galicia, está moi influenciada pola música turca, empregando elementos da danza tradicional do seu país.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial