Novo convenio entre a Mancomunidade e Cruz Vermella Ordes

0

Ordes, 2 de xuño do 2018 – Os presidentes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e de Cruz Vermella Ordes, Roberto Rey Martínez e Manuel Viqueira Verea respectivamente, asinaron un convenio de colaboración para desenvolver ao longo de toda a comarca o programa ‘Tecedoras’ ao longo dun ano.

Firma do convenio entre a Mancomunidade de Ordes e Cruz VermellaA través desta iniciativa brindarase apoio ás mulleres que exerceran ou continúen exercendo a prostitución. O tipo de axuda pasa tanto pola subministración de alimentos, servizos e atención sanitaria ou ben a tramitación de documentación nas distintas administracións. Un labor que será executado polo persoal do CIM e de Cruz Vermella Ordes.

‘Tecedoras’ está financiado pola Obra social La Caixa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies