займ срочно

Novo expediente para a planta de Miramontes en Compostela

0

Compostela, 14 de xullo do 2018 – Ao tempo que se sobresee o procedemento de revogación da licenza de obras, para que non caduque, o concello de Compostela abre un novo expediente a planta de Miramontes para declarar ineficacia de comunicación previa de inicio de actividade.

O decreto asinado polo concelleiro Jorge Duarte abre un expediente que sustitúe de facto ao de revogación de licenza de obras de instalación. Tal como explicou o alcalde, Martiño Noriega, o procedemento de revogación de licenza que impulsou o Concello “ía paralelo ao expediente aberto en relación á canteira de Miramontes pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta, que é quen ten a competencia de outorgar a licenza. O Concello non pode pechar o seu expediente se antes non fai o propio a Xunta co que ten impulsado previamente, e corremos o risco de que caduque o procedemento municipal se o Goberno galego non se pronuncia en agosto”. No novo expediente enténdese que a actividade de tecnosolos nas instalacións é desenvolvida pola empresa Tecnosolos Galaicos S.L e non por Áridos CNC, que é quen tiña tramitada a comunicación previa de inicio de actividade. A empresa terá un prazo de 15 días para presentar as alegacións que considere oportunas.

Imaxe dunha Reunión con veciños de Grixoa sobre a planta de Miramontes

Reunión con veciños de Grixoa

Apoio á veciñanza da Grixoa

O alcalde lembrou que aínda hai outro expediente aberto en relación a Miramontes “que ten que ver co uso irregular dos accesos á planta. O permiso que outorgou no seu día o Concello era para as empresas que explotaban a canteira de áridos orixinal, pero non para as que traballan cos tecnosolos, polo que cremos que eses camións de alta tonelaxe non deberían facer uso do viario”. Martiño Noriega reiterou “o total apoio do Concello de Santiago á veciñanza da parroquia de Grixoa, que vén denunciando as irregularidades que se suceden na planta de Miramontes”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies