Novo pau xudicial a adxudicación da ORA no 2012

0

Compostela, 10 de xaneiro do 2019 – Un novo pau xudicial para o concello de Santiago, unha sentenza impón unha indemnización pola incorrecta adxudicación do contrato da ORA no 2012.

O sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo Número 2 obriga ao concello a indemnizar á empresa Doal.O Concello recorrerá o fallo, ao entender que a filial do grupo Vendex non quixo asumir a xestión do servizo da ORA no procedemento de contratación novamente aberto en 2017, e que retomaba o do 2012 erroneamente adxudicado. Esta reapertura do proceso de contratación provocou, ata a súa resolución, a paralización do proceso de municipalización do servizo.

O custo da sentenza pode supor para as arcas municipais 620.000 euros. Desa cantidade, case 576.000 euros corresponden ao “lucro cesante”, isto é, ao 6% do importe do contrato que no ano 2012 lle foi adxudicado de maneira irregular á empresa Setex Aparqui, malia a non cumprir o prego de condicións do concurso que sería anulado por sentenza xudicial en setembro de 2015.

A sentenza chega despois de que en abril de 2018 o xulgado recoñecera “a imposibilidade material de executar a sentenza ditada en maio de 2017 en canto á adxudicación do contrato a favor de Doal”. O Concello abriu un procedemento de adxudicación para lle dar cumprimento a ese fallo, pero foi a propia empresa a que rexeitou asumir o contrato, tal e como propuxera a mesa de contratación correspondente. É en base a esa negativa polo que o Concello recorrerá a sentenza, mantendo que Doal non debera ser indemnizada.

Outras sentenzas

A sentenza pola incorrecta adxudicación do servizo da ORA e do guindastre en 2012 súmase a outros fallos con custos millonarios que o Concello de Santiago veu recibindo nos últimos anos. Entre eles destacan a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obrigou a pagarlle 1,5 millóns de euros á empresa adxudicataria da construción do parque comarcal de bombeiros de Salgueiriños polo incumprimento dun acordo do ano 2008; as sentenzas polos erros na liquidación do transporte urbano do período 2007-2011, que custaron máis de 600.000 euros; ou a que fixou a devolución de máis de 400.000 euros polos custos de urbanización do SUP-11 do Castiñeiriño, paralizado en 2011. Ademais, o Concello ten solicitada a paralización do procedemento xudicial aberto pola reclamación que ten feito ADIF para que o Concello lle abone dez millóns de euros pola construción do viaduto de Cornes, polo incumprimento do convenio asinado ao respecto en 1998.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial