O goberno da Baña seguirá sen soldos

0

A Baña, 16 de xullo do 2019 – Segundo intento de sacar adiante un goberno efectivo na Baña e novo bloqueo aos soldos dos concelleiros do equipo de goberno.

Un pleno tenso no que os distintos partidos mostraron as súas posturas e actitudes con respecto a situación. Polo visto o goberno conseguiu nos días previos consensuar as comisións, unha xeral e a obrigatoria de contas, e  a asignación por asistencias, que se concreta en 75 euros, pero non os soldos.

A primeira polémica estivo na designación dos representantes na Fundación de Discapacitados da Barcala. Compromiso por Galicia quería formar parte de esa representación como segundo membro, xa que os estatutos obrigan a que o alcalde sexa o primeiro. Fora pola falta de tempo para consensualo, como defendeu o rexedor, ou pola falta de interés, como tratou de demostrar Compromiso x Galicia, o certo é que este punto tamén foi votado en contra polo que os representantes nos distintos organismos tamén quedaron para outro pleno.

No caso dos soldos é no que as posturas quedaron máis claras. Si Bugallo en Santiago considera que Compostela Aberta está doente por perder as eleccións tería que ver ao popular Cardeso na Baña. Lonxe de argumentar porque un soldo de 36.000 euros, fronte aos 41.000 que el cobraba, lle parecía excesivo limitouse a dicir que si os humillaban e os trataban mal non podían votar a favor. O agravio viña, polo que xurdiu no pleno, porque unha concelleira do Partido Popular fora eliminada do grupo de de Whatsapp da Escola de música; o alcalde explicou que non tiña fillos na escola e xa non era concelleira polo que non tiña porque estar en ese grupo.

Compromiso x Galicia decidiu non intervir en este punto pero o alcalde os interpelou. O rexedor explicou que na reunión que mantiveran, seguindo o dito por Compromiso no anterior pleno , ensinoulle a súa nómina e aplicoulle un dez por cento máis para compensar a responsabilidade do cargo e de aí saíu o soldo que levaron a pleno. Compromiso dixo entón que tamén dixera que o rexedor tiña que ter en conta o que cobraban os veciños do concello e comparar.

O resultado final foi a abstención que, co vota en contra do PP, non foi suficiente para sacar o punto adiante e o goberno seguirá sen soldos. Ao remate falábamos cos portavoces de Psoe e Compromiso para que valoraran o sucedido. O socialista, e alcalde, José Antonio Pereira nos dicía que non levaron ningunha proposta nas reunións previas co que é moi difícil avanzar

Cesar Ramos de Compromiso defende que eles se abstiveron, non votaron en contra. Considera que teñen que recibir unha oferta clara para entrar no goberno e que unha tenencia de alcaldía e un área non é suficiente

Segundo capitulo dunha lexislatura que se presenta moi complexa na Baña. To o pleno de onte pódese ver na canle de Youtube do concello, no seguinte vídeo

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial