Novo saneamento para a zona de Ousoño en Noia

0

Noia, 26 de xuño do 2018 –  O Concello de Noia vén de iniciar as obras de saneamento e pavimentación interior na aldea de Ousoño, na parroquia de Barro, nas que inviste máis de 78.000 euros e que teñen un prazo de execución dun mes.

O alcalde de Noia, Santiago Freire, explica que as obras de Ousoño  “consisten na mellora da rede de saneamento no lugar coa instalación de novos colectores e a separación das augas pluviais. Posteriormente procederemos á pavimentación interior con aglomerado deste núcleo, cuxos viarios están actualmente moi deteriorados. Unhas canalizacións que engancharán coa rede xeral de saneamento municipal”.

Os traballos inclúense no Plan de Acción Social da Deputación Provincial da Coruña, contaban cun orzamento inicial de algo máis de 130.000 euros e foron adxudicados á empresa Fermín Simal por 78.000 euros. Esta importante redución, xustificada axeitadamente pola empresa, unida ao feito de que á licitación se presentaron unha ducia de empresas, impediu que as obras puideran iniciarse en maio, como estaba inicialmente previsto. “Agora que xa están en marcha, agardamos que estean acabadas a finais de xullo”, indica o alcalde noiés.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies