Novo vehículos de Protección Civil para Ames, Teo, Lousame e Negreira

0

Bisbarra, 17 de xaneiro do 2019 – A Xunta de Galicia ven de entregar equipamento aos grupos de emerxencias e ás Agrupacións de Protección Civil de distintos concellos da provincia, Ames, Teo, Lousame e Negreira na bisbarra de Compostela.

O vicepresidente Alfonso Rueda foi o encargado da entrega de 7 pick-ups, 7 remolques de emerxencias, 3 motos de auga e 2 equipos de excarceración que serviránb de equipamento as agrupacións de protección civil de 18 concellos. Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Novo vehículo para Protección Civil de Ames

No acto estiveron presentes tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cerceda, Abegondo, Oleiros, Teo, Ames, Negreira, Cabanas, Ares, Ortigueira, Mugardos, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Outes, Mazaricos, Muros, Vimianzo, Corcubión e Ponteceso. A entrega supón alcanzar unha inversión que supera o millón de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

novo carro de emerxencias para Protección Civil de Negreira

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial