займ срочно

Novo vertido do polígono industrial no río Furelos en Melide

0

Melide, 13 de xullo do 2019 – De novo, o Concello de Melide foi alertado dun vertido, procedente dos residuos das empresas afincadas no actual polígono industrial situado na Madanela.

José Manuel Pérez e José Antonio Prado, alcalde e primeiro tenente do Concello, acompañados polo concelleiro de Medio Rural, Xosé Igrexas, desprazáronse ata o cauce do Furelos para comprobar in situ unha realidade que se repite no tempo:  un novo vertido de residuos chega ao Furelos dende o seu afluente Rego de Piñor.

Diferentes forzas de seguridade ambiental, avisados pola dirección de Augas de Galicia, tales como o Seprona ou a policía autonómica, así como fontes da policía local e parte do equipo de goberno melidense achegáronse ata o lugar dos feitos onde puideron ver como o río volve presentar síntomas elevados de contaminación procedentes por residuos externos, procedentes dende o polígono da localidade.

O goberno local apunta que “os vertidos ao río Furelos procedentes do polígono industrial non é nada novo, de feito xa se deu unha situación idéntica hai uns meses. O problema endémico pola falta de saneamento na zona industrial de Melide continua sendo un dos principais problemas para a vila. Somos plenamente conscientes da magnitude deste problema para Melide, e é unha prioridade deste goberno poñer solucións a estes feitos e tomaremos todas as medidas necesarias para que así sexa. Estamos recabando toda a información que consta no Concello e nas autoridades competentes para poder ter claro cal é o camiño a seguir para rematar dunha vez por todas con este feito tan intolerable que levan sufrindo o noso medio ambiente dende hai anos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies