O pleno de Ames recibiu 3 novos concelleiros e rexeitou o proxecto mineiro de Touro

0

Ames, 27 de xaneiro do 2018 – O pleno de Ames estivo marcado polas incorporacións de dúas novas concelleiras de Ames Novo e un concelleiro de acto x Ames. Trátase de  Emilio Martínez Carballeira, Ana Isabel García Reig e María de Carmen Calviño Miramontes.

María de Carmen Calviño Miramontes

Dentro do apartado de deliberación e acordo aprobouse por unanimidade a ratificación do decreto de Alcaldía 16/2018 de aprobación do proxecto modificado da obra de construción de dúas pistas de tenis en Aldea Nova. O decreto so afecta ao nome do proxecto, que se mantén intacto, e foi unha petición da Deputación xa que a obra pertence ao POS 2018.

Outros dos puntos aprobados por unanimidade do pleno foi o proxecto técnico modificado da primeira fase das obras de accesibilidade universal en edificios públicos. Con posterioridade á sinatura do contrato, os propios autores do proxecto e directores da obra informaron da necesidade de introducir modificacións no proxecto que aumentan o custo en 11.240,31 euros. O cambio da normativa de ascensores (entrada en vigor o 1 de setembro de 2017) obriga a realizar unha serie de actuacións non contempladas no proxecto orixinario. O cambio fundamentase en que non se poden instalar ascensores hidráulicos, senón que teñen que ser eléctricos. Este cambio na normativa ocasiona que haxa que realizar unha serie de obras na Casa do Concello, co cal se incrementa  o orzamento de execución. Por outra banda na biblioteca do Milladoiro e preciso instalar papeleiras metálicas accesibles e modificar o trazado dunha curva a dereita dende a rúa Raxoeira, para un mellor xiro dos vehículos longos, así como uns pequenos cambios en obras de albanelería para mellorar a accesibilidade. No que respecta ás oficinas de Servizos Sociais e Atención Veciñal do Milladoiro, defínense novas partidas para resolver a entrada en aras a unha mellor accesibilidade.

Outros temas

Emilio Martínez Carballeira

O pleno de xaneiro aprobou tamén a creación dunha nova licenza de taxi para un vehículo adaptado e maila modificación da RPT para a creación dun posto de conserxe dentro do servizo de conserxería e mantemento de infraestruturas do departamento de deportes. Tamén se aprobaron dúas mocións presentadas por vía de urxencia, unha  en contra da subida das peaxes na AP-9 e outra de rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira cobre San Rafael SL.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial