займ срочно

Enxeñaría Robótica e Xestión Cultural, novos graos da USC a partir do curso 2019-20

0

Compostela, 20 de xullo do 2018 –  O Consello de Goberno da Universidade de Santiago aprobou os títulos de grao en Enxeñaría Robótica e Xestión Cultural que serán impartidos a partir do curso 2019-20.

Os graos foron presentados en rolda de prensa polo reitor, Antonio López, acompañado das vicerreitoras de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e de Titulacións, María Victoria Otero. As novas titulacións serán impartidas na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e na Facultade de Humanidades, ambas no campus de Lugo.

Enxeñaría Robótica

Estruturado en 240 créditos ECTS, repartidos ao longo de catro cursos académicos, o titulo de grao en Enxeñaría Robótica preséntase como unha oportunidade para o desenvolvemento da robótica agrícola e agroforestal en Galicia. A obtención do grao en Enxeñaría Robótica con mención de AgroRobótica esixe cursar un mínimo de 30 créditos ECTS dun bloque específico que ofrece seis materias diferentes: Economía do Sistema Agroalimentario e Forestal, Agricultura intelixente, Robótica na agroindustria, Robótica aplicada ao medio forestal e natural, Plataformas robotizadas de uso agroforestal e Teledetección mediante drons e satélites. A USC propón que a oferta de matrícula deste grao sexa de 50 prazas.

Alén desta orientación agroforestal, os estudos de robótica tenden cara a súa integración co tecido empresarial e industrial da área de influencia do centro no que se oferta esta formación. A esta realidade cómpre engadir que a demanda económica e laboral derivada da automatización e a robótica é constante, aínda que a súa implementación nos procesos produtivos poñen de manifesto a necesidade dunha especialización maior á do enfoque xeral que ofrece unha enxeñaría, a fin de avanzar no eido do I+D+i.

Xestión Cultural

O novo grao en Xestión Cultural da USC ofrecerá 45 prazas de matrícula no primeiro curso, está estruturada en 240 créditos ECTS repartidos ao longo de 4 cursos académicos, que se poden seguir de xeito presencial ou semipresencial. 

O obxectivo desta nova titulación é o formar a profesionais para satisfacer a crecente demanda rexistrada en Galicia de persoal  cualificado e especializado en xestionar a cultura, elaboración e difusión de proxectos culturais e de conservación da cultura e  do patrimonio. A formación de profesionais con capacidade crítica e comprensiva coa diversidade cultural, ademais de coas competencias de emprendemento que esixe o horizonte dixital nos ámbitos privado, público e mesmo no terceiro sector supoñen outros cometidos do grao en Xestión Cultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies