Aberto o prazo de “novos valores” para actuar no Festigal 2018

0

Compostela, 12 de abril do 2018 –  A comisión do Festigal presentou a IV edición do concurso “Novos Valores” destinado á promoción de artistas emerxentes que fan música en galego para tocaren neste evento multitudinario que se celebra ao abeiro do Día da Patria en Santiago de Compostela.

A Fundación Galiza Sempre é a encargada de organizar o Festigal. Unha das responsables, Tania Ameneiro explica que “O Festigal aposta pola creación e divulgación de novas creadoras da Galiza no ámbito musical como unha plataforma de artistas emerxentes, porque constitúe dende a súa esencia e orixe, hai xa 15 anos, un espazo diverso e plural que funciona como escaparate da cultura galega.

A banda ou artista escollida polo xurado abrirá o 24 de xullo pola noite o Festigal 2018 ademais de recibir unha achega económica de 300 euros. O certame está aberto á participación de grupos amadores e profesionais, de todos os estilos, que empreguen a lingua galega nas súas letras. O prazo de presentación de traballos é do 11 de abril ao 9 de maio, por medio dunha maqueta e dun vídeo dunha gravación dun ensaio, que o Festigal se encargará de divulgar nas redes sociais.

O xurado está integrado por Alberte Fernández, de Galiza Nova; Claudia Quintela, de Galiza Nova, Navia Rivas, música; Marcos Paino, músico; Tania Ameneiro, da Fundación Galiza Sempre; Iria Pinheiro, presidenta da asociación Músicos ao Vivo; Xiana Arias, xornalista cultural; Teresa Cuíñas, crítica cultural; e Lano Costoya, músico e baixista de Familia Caamagno.

Para inscribirse no concurso “Novos Valores” deberá achegarse á organización a través do enderezo electrónico info@festi.gal a información que figura na web www.festi.gal cunha ficha cos datos do grupo, maqueta e ligazón a un vídeo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial