займ срочно

Nuno Costa e Paula Mayobre gañan XVIII Carreira Pedestre Popular de Ames

0

Ames, 23 de outubro do 2017 –  Nuno Costa e Paula Mayobre gañan XVIII Carreira Pedestre Popular de Ames que se celebrou este domingo con moi boa participación.

Vencedoras femenina absoluta

Máis de 1.300 persoas participaron este domingo na décimo oitava edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames que transitou polas rúas de Bertamiráns.

Na proba absoluta participaron uns 500 deportistas, mentres que na proba escolar correron arredor de 800 rapaces. Na proba absoluta impuxéronse Nuno Costa e Paula Mayobre cun tempo de 30:28 e 35:53 respectivamente.

Vencedores masculino absoluta

A carreira pedestre disputouse nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, que discorreu pola contorna de Bertamiráns.

Esta proba está incluída no V Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e a chegada estiveron instaladas na rúa Alcalde Lorenzo, ao carón da praza do Concello. Todos os resultados pódense ver aquí

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies