Nuria Rábano, de Ames,  xogará o Europeo de fútbol sub 19 con España

0

Ames 4 de agosto do 2017 – A xogadora veciña de Ames Nuria Rábano foi convocada polo seleccionador nacional sub-19, Pedro López, para xogar o campionato de Europa de Fútbol.

Nuria Rábano xogou 11 anos no Milladoiro e actualmente milita no Deportivo. O pai Javier Rábano agradeceulle ao Concello de Ames e ao Milladoiro SD a posibilidade de adestrar entre o 26 de xuño e o 18 de xullo no campo municipal de fútbol do Milladoiro para poder chegar en boas condicións aos adestramentos coa selección española de fútbol. 

A selección española feminina sub 19, na fase final, estrearase na xornada inaugural, o día 8 de agosto, ás 20:00 horas, en Belfast, ante a selección anfitrioa, Irlanda do Norte. Tres días despois, o día 11, ás 16:00 horas, en Portadown, enfrontarase ao combinado de Alemaña, e o día 14, ás 20:00 horas, en Lurgan, pechando a fase de grupos, medirase a Escocia.

A semana do 24 ao 28 de de xullo, Nuria Rábano estivo concentrada en Las Rozas, adestrado en sesión de mañá e tarde. Das 24 convocadas fíxose unha selección de 18 xogadoras, entre as que se atopa a xogadora amesá, que disputarán a fase final do europeo sub 19.

España está no grupo A coa selección anfitrioa, Irlanda do Norte, coa actual campiona de Europa nesta categoría, Alemaña, e coa selección de Escocia. No grupo B están as seleccións de Italia, Inglaterra, Francia e Holanda. A selección española competirá por ser unha das das catro mellores seleccións e clasificarse para as semifinais, xa que estas catro seleccións clasificaranse de xeito automático para disputar en 2018 o mundial sub 19 en Francia.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies